O Club Ciclista As Pontes materializou en 2022 un proxecto que levaba anos en trámite á espera de saír á luz, unha proba nas inmediacións do Lago As Pontes que acolleu a case 300 ciclistas nacionais e internacionais para gozar dun circuíto de 3300 m de lonxitude. . Así se deu o 12 de outubro de 2022 a saída do I CX Lago de As Pontes (clase C2CX), proba que repetiu calendario en 2023 o 12 de outubro acollendo o que foi o II CX Lago de As Pontes ( clase C1CX). Con moitas ganas de crecer e querer levar a proba a outro nivel, fomos elixidos para celebrar o campionato de España de CX 2024, que se celebrará na contorna do Lago As Pontes os días 10, 11 e 12 de xaneiro de 2025. Agardámoste! Abaixo está a ligazón á páxina web personalizada do evento. https://cxlagodeaspontes.com
Tamén enlazamos coa emisión que a televisión galega ofreceu en directo do evento: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/i-trofeo-de-ciclocros-lago-das-pontes-5845113?t= 63