Gústache andar en bicicleta?

Queres participar nun club?

Que che ofrecemos por formar parte do noso Club?

Participa de balde nos actos que organizamos ao longo do ano, como o Desafío Vila de As Pontes, Cx Lago de As Pontes, marchas populares, rutas sociais.
Axudas económicas para a participación en probas federadas do calendario galego e/ou nacional.
A contía global (importe total máximo) da axuda será a que se acorde cada ano en asemblea.
Participación en actividades conxuntas que se organicen anualmente e que sexan parcialmente subvencionadas polo club.

Que che preguntamos?

Compromiso.
Colabora na medida das túas posibilidades cos diferentes grupos de traballo nos que te poidas encadrar, os grupos de traballo poden ser para a organización de probas, ou tarefas do día a día para o bo funcionamento do Club.
Se aínda tes dúbidas, ponte en contacto connosco en info@ccvilalba-aspontes.es
Para inscribirse enche o formulario aquí

Faite socio!

facerse socio

Próximos eventos

Patrocinadores

concello-de-as-pontes

óptica-carmela

nexo

logo-Villasuso-construción