O Club Ciclista As Pontes, na súa vontade de promover o deporte entre nenos e maiores, arranca co seu último proxecto, que non é outro que a creación da escola de ciclismo coa que se pretende promocionar este deporte entre os máis pequenos e achegar con ferramentas e apoio para que aprendan a gozar deste deporte con seguridade. Preténdese inculcar os valores do deporte, ensinar actitudes e respecto cara aos demais usuarios da vía, educación vial para non comprometer a seguridade ao circular no medio doutros vehículos, traballos técnicos e exercicios diversos para mellorar o equilibrio, a forza e habilidades en bicicleta.

As clases terán lugar no pavillón anexo do Monte Caxado os luns e mércores.

Patrocinadores

concello-de-as-pontes

óptica-carmela

nexo

logo-Villasuso-construción